A manifestación en Lisboa a favor dos recortes, convocada baixo o lema Obrigado, troika, resultou ser unha mobilización do movemento Que se lixe a troika! que, secundando a liña do ridiculismo, quixo fomentar deste xeito a participación nas súas próximas protestas. Cóntao o Diário de Notícias.
