O DOG publica hoxe os servizos mínimos que rexerán na folga do ensino do vindeiro xoves.
Fálase
Unha reportaxe de Cuatro resume os riscos da mina de Corcoesto e denuncia o "sistema destrutivo" que Edgewater quere empregar na comarca de Bergantiños.
Un desafortunado Celta volve caer na casa, desta vez ante o Levante (0-1) que anotou ao final na súa única ocasión do encontro.
Jorge Blazquez Lidoy, membro de Economistas Frente a la Crisis, propón investir en innovación no canto de reducir salarios, para mellorar a competitividade da economía española.
Unha curta realizada pola CGT, ERE (Expediente de Regulación de Enchufes), denuncia os despidos de Canal 9 e a forma en que se elixen as persoas que quedan na compañía.
300.000 persoas participaron nunha iniciativa para acudir aos cines a prezo reducido en Madrid, a 2,90 euros. Tiñan que inscribirse previamente.
CC OO calcula que a metade dos pensionistas galegos percibe menos de 500 euros cada mes e alerta de cifras "insoportables" de exclusión dos xubilados en Galicia
O Consello Xeral do Poder Xudicial abrirá dilixencias disciplinarias contra o xuíz Vázquez Taín polas súas declaracións sobre o caso Asunta, segundo adianta a Cadena SER.
O analista Carlos Neira debulla nun amplo artigo os últimos inquéritos sobre intención de voto. Titúlao Un ano perdido para a alternativa política en Galicia
Tres grapos galegos e un membro do EGPGC poderían saír da cadea tras a sentenza da doutrina Parot. Dous policías condenados polo crime de Nigrán tamén poderían saír do cárcere.