A revista Luzes xa ten data para o lanzamento do seu proxecto xornalístico, o vindeiro día 29 en Compostela
Fálase
Aproveitando o temporal en 4gotas recompilan 100 xeitos de chamarlle á chuvia.
Digital Attack Map amosa nun mapa en tempo real os ataques DDoS que se entán producindo neste momento no mundo, con incidencia, sobre todo, nos Estados Unidos, China e Francia.
O blog ssociologos destaca que "está a crecer unha nova clase social en Europa: O traballador pobre". O 9% dos europeos con traballo viven por debaixo do nivel de pobreza, segundo un informe de Cruz Vermella.
O DOG publica hoxe os servizos mínimos que rexerán na folga do ensino do vindeiro xoves.
Unha reportaxe de Cuatro resume os riscos da mina de Corcoesto e denuncia o "sistema destrutivo" que Edgewater quere empregar na comarca de Bergantiños.
Un desafortunado Celta volve caer na casa, desta vez ante o Levante (0-1) que anotou ao final na súa única ocasión do encontro.
Jorge Blazquez Lidoy, membro de Economistas Frente a la Crisis, propón investir en innovación no canto de reducir salarios, para mellorar a competitividade da economía española.
Unha curta realizada pola CGT, ERE (Expediente de Regulación de Enchufes), denuncia os despidos de Canal 9 e a forma en que se elixen as persoas que quedan na compañía.
300.000 persoas participaron nunha iniciativa para acudir aos cines a prezo reducido en Madrid, a 2,90 euros. Tiñan que inscribirse previamente.