O incendio de Pedrógão, activo aínda en cinco frontes, será controlado en 24 horas, sinalan as autoridades portuguesas. O número total de mortes ascende a 64. O fume provocado polo incendio luso cubriu boa parte da provincia de Ourense.
Fálase
Este martes celébrase o Día das Persoas Refuxiadas. Máis de 14.000 persoas morreron afogadas no Mediterráneo dende 2014 tentando chegar a Europa, a maior parte entre Libia e Italia. 331 morreron tentando chegar ás costas españolas, 15 deles por mor de disparon de pelotas de goma.
Case toda a provincia de Ourense e o sur da de Lugo, así coma o Baixo Miño, atópanse este luns en risco extremo de incendio, alerta Medio Rural. En Quins, un incendio aínda non controlado queimou xa 50 hectáreas
O Parlamento transmite a solidariedade de Galicia coas vítimas do incendio de Pedrógão Grande cun minuto de silencio no que participaron membros dos grupos políticos, persoal da Cámara e do Valedor do Pobo.
Álvarez-Cascos declara arestora no xuízo do caso Gürtel. É o primeiro dos cinco ex-ministros de Aznar que terán que comparecer como testemuñas no proceso a petición de Luis Bárcenas. La Opinión está a ofrecer a retransmisión ao vivo.
A Garda Civil investiga a saída de fondos de Ferroatlántica cara a unha filial suíza do grupo Villar Mir. O grupo empresarial xa admitiu que manexou facturas falsas nestas operacións, que acadan un total de case 7 millóns de euros entre varias compañías. Cóntao eldiario.es
Un incendio forestal queima unhas 20 hectáreas no Concello de Melón, na parroquia de Quins. Medio Rural non informa dos incendios inferiores a esa superficie se non se producen en zonas poboadas ou de risco. Ata abril arderan en Galicia unhas 3.000 hectáreas e o pasado ano, 21.000.
Este luns 19 de xuño terán lugar actos ante Concellos de toda España (en Galicia, A Coruña, Lugo, Santiago, Ames, O Grove e Vigo) para esixir un aumento de 120 millóns de euros na asignación orzamentaria destinada a igualdade e á loita contra a violencia machista
Unha avaría provoca cinco horas de atraso no Alvia Madrid-Ourense. O tren, que saiu ás 15 horas de Madrid, acabou chegado á cidade das Burgas ás doce da noite.
Trinta entidades animalistas maniféstanse en Vigo contra a Lei de Protección e Benestar Animal proposta pola Xunta. Preparan unha nova protesta para a vindeira fin de semana en Compostela