Economistas frente a la crisis recupera unha análise crítica coa reforma do artigo 135 da Constitución, cualificada de "excesiva, innecesaria, inconsistente" e que "limita en boa medida as posibilidades de construír unha política económica diferente nun estado descentralizado como España"
Fálase
Martiño Noriega reflexiona en Público sobre os procesos de confluencia de forzas de esquerda e movementos sociais, os seus obstáculos e a súa necesidade. Sinala que "as municipais son un dos primeiros lugares de ensaio desta imprescindible cohabitación"
GCiencia fai un ano como un dos medios de referencia en Galicia. A web de ciencia galega celebra o seu primeiro aniversario.
José Sócrates, en prisión preventiva por presunta fraude fiscal, corrupción e branqueamento de capitais.
O PSOE apoia agora modificar a reforma da Constitución que pactou hai tres anos co PP. Pedro Sánchez di que a medida impulsada polo Goberno de Zapatero foi "un erro".
Disturbios nos EUA logo de que un xurado renunciase a imputar un policía pola morte dun rapaz negro en Ferguson.
O Concello da Coruña ofrece unha vivenda social a un afectado do Ofimático á que lla negou o venres. Será desaloxado esta semana malia as continuas protestas cidadás.
A xuíz da Zeta abre outra investigación sobre a responsabilidade económica dos imputados. A intención é que os sospeitosos fagan fronte ao posible pago de indemnizacións.
O equipo de Pablo Iglesias presentará listas ás direccións locais de Podemos en todas as capitais de provincia. Implicarase na elección das secretarías xerais e consellos cidadás das cidades.
Competencia cifra en 371.358 millóns as axudas públicas comprometidas para salvar a banca. O 60% son garantías outorgadas polo Estado que non se executaron e non supuxeron quebranto ningún, pero as partidas máis difíciles de recuperar superan os 88.000 millóns.