José Sócrates, en prisión preventiva por presunta fraude fiscal, corrupción e branqueamento de capitais.
Fálase
O PSOE apoia agora modificar a reforma da Constitución que pactou hai tres anos co PP. Pedro Sánchez di que a medida impulsada polo Goberno de Zapatero foi "un erro".
Disturbios nos EUA logo de que un xurado renunciase a imputar un policía pola morte dun rapaz negro en Ferguson.
O Concello da Coruña ofrece unha vivenda social a un afectado do Ofimático á que lla negou o venres. Será desaloxado esta semana malia as continuas protestas cidadás.
A xuíz da Zeta abre outra investigación sobre a responsabilidade económica dos imputados. A intención é que os sospeitosos fagan fronte ao posible pago de indemnizacións.
O equipo de Pablo Iglesias presentará listas ás direccións locais de Podemos en todas as capitais de provincia. Implicarase na elección das secretarías xerais e consellos cidadás das cidades.
Competencia cifra en 371.358 millóns as axudas públicas comprometidas para salvar a banca. O 60% son garantías outorgadas polo Estado que non se executaron e non supuxeron quebranto ningún, pero as partidas máis difíciles de recuperar superan os 88.000 millóns.
A Xunta convocará 400 prazas de profesor e 300 de persoal do Sergas. Ve isto como un síntoma da recuperación.
A Esmorga superou na súa primeira fin de semana nas salas os 100 mil euros de recadación e conseguiu a segunda mellor media por copia entre todos os filmes proxectados no Estado.