O equipo de Pablo Iglesias presentará listas ás direccións locais de Podemos en todas as capitais de provincia. Implicarase na elección das secretarías xerais e consellos cidadás das cidades.
Fálase
Competencia cifra en 371.358 millóns as axudas públicas comprometidas para salvar a banca. O 60% son garantías outorgadas polo Estado que non se executaron e non supuxeron quebranto ningún, pero as partidas máis difíciles de recuperar superan os 88.000 millóns.
A Xunta convocará 400 prazas de profesor e 300 de persoal do Sergas. Ve isto como un síntoma da recuperación.
A Esmorga superou na súa primeira fin de semana nas salas os 100 mil euros de recadación e conseguiu a segunda mellor media por copia entre todos os filmes proxectados no Estado.
Wolfgang Münchau, un dos columnistas de referencia de Financial Times, defende como as máis axeitadas para a eurozona as medidas de restruturación da débeda e de incremento do investimento público defendidas en Alemaña por Die Linke, en Grecia por Syriza e en España por Podemos e outras forzas de esquerda.
Besteiro solicita comparecer mañá ante o pleno da Deputación de Lugo para explicar as "circunstancias en que se produciu" o rexistro da institución provincial do pasado venres, ligado á xestión dun plan turístico.
O Concello de Pontevedra gaña un premio da ONU polo seu modelo urbano. Veno de anunciar o seu alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, esta mañá logo de que Fomento lle comunicase a concesión do prestixioso ONU-Hábitat.
O xuíz ordena a detención de tres curas e un laico acusados de abusos en Granada. Outras catro persoas serán imputadas por encubrir o delito.
Este mércores celebrarase na Parroquia do Cristo da Victoria, en Coia, un acto cívico en homenaxe a David Reboredo, finado esta fin de semana por mor dun cancro.