Fálase
A Esmorga superou na súa primeira fin de semana nas salas os 100 mil euros de recadación e conseguiu a segunda mellor media por copia entre todos os filmes proxectados no Estado.
Wolfgang Münchau, un dos columnistas de referencia de Financial Times, defende como as máis axeitadas para a eurozona as medidas de restruturación da débeda e de incremento do investimento público defendidas en Alemaña por Die Linke, en Grecia por Syriza e en España por Podemos e outras forzas de esquerda.
Besteiro solicita comparecer mañá ante o pleno da Deputación de Lugo para explicar as "circunstancias en que se produciu" o rexistro da institución provincial do pasado venres, ligado á xestión dun plan turístico.
O Concello de Pontevedra gaña un premio da ONU polo seu modelo urbano. Veno de anunciar o seu alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, esta mañá logo de que Fomento lle comunicase a concesión do prestixioso ONU-Hábitat.
O xuíz ordena a detención de tres curas e un laico acusados de abusos en Granada. Outras catro persoas serán imputadas por encubrir o delito.
Este mércores celebrarase na Parroquia do Cristo da Victoria, en Coia, un acto cívico en homenaxe a David Reboredo, finado esta fin de semana por mor dun cancro.
A revista 15/15\15, centrada no decrecemento e a crise de civilización, está a piques de rematar o seu proceso de crowdfunding, no que recadou case dez mil euros para poñer en marcha a publicación.
A enquisa de El Mundo dálle a vitoria a Podemos nas eleccións xerais co 28,3% dos votos, por diante do PP (26,3%) e do PSOE (20,1%). Pablo Iglesias sería o líder mellor valorado en España.
Amancio Ortega xa é o rei do ladrillo no Estado, con activos inmobiliarioas baseados en 4.700 millóns de euros. O empresario galego aproveitou a crise para comprar a baixo prezo.