O barómetro de abril do CIS reduce en tres puntos a diferenza en estimación de voto entre PP (40,6%) e PSOE (29,6%), cun importante ascenso para IU (8,6%), ERC (1,7%) e Amaiur, que irrompe cun 1,3% e supera o PNV (1,2%). UPyD baixa pero mantén un 5,1% e o BNG descende dúas décimas e fica en 0,3%. En intención de voto, a diferenza entre PP e PSOE, que en xaneiro era de 12 puntos, redúcese a 3,2.
Fálase
A patronal galega pide igual trato para NCG e Bankia porque cre que "a situación é parecida" e urxe unha solución. "Non facelo así sería unha discriminación", di.
Fernández Currás amósase de acordo con que se usen cartos públicos para sanear o sistema financeiro. A secretaria de Estado de Orzamentos e ex conselleira na Xunta argumenta que a saúde dos bancos "é unha prioridade" para o Goberno. "A reforma financeira vai no camiño correcto", di.
O BNG presenta a súa convención nacional, coa que o domingo lanzará a candidatura de Francisco Jorquera á Xunta. Baixo o lema En Bloque podemos, os nacionalistas apostarán por "liderar o cambio político en Galiza", un cambio que, di a súa secretaria de organización, Montse Prado, "pasa polo avanzo do BNG".
O deputado do PP Jaime Castiñeira dille ao Grupo Socialista, durante o pleno do Parlamento galego, que deberan "estar colorados" e "agochados baixo as súas mesas" durante a sesión ola xestión do Goberno de Zapatero
O número de familias e empresas en concurso de acreedores ascendeu un 21,5%, até alcanzar as 2.224 no conxunto do Estado. É a cifra máis alta desde o comezo da crise económica.
A Cadena SER entrevista a unha voceira do partido neonazi que vén de entrar no Parlamento de Grecia: "Por que me vai dar pena que un inmigrante non poida comer?"
A Generalitat de Catalunya non descarta seguir os pasos do Goberno vasco e levar ao Tribunal Constitucional os recortes de Rajoy, aínda que non polo xeito en que afectan á sanidade e á educación, senón por enmarcarse nunha "ofensiva recentralizadora". En Ara.
Goirigolzarri tomará posesión como presidente de Bankia o vindeiro venres. A recomendación de Rato é ao final a aposta do Goberno para dirixir a entidade, que será rescatada polo Goberno.
Núñez Feijoo e o ministro de Agricultura e Medio Ambiente, Arias Cañete, deixan entrever que non se ampliará a concesión a ENCE en Lourizán.