O número de familias e empresas en concurso de acreedores ascendeu un 21,5%, até alcanzar as 2.224 no conxunto do Estado. É a cifra máis alta desde o comezo da crise económica.
Fálase
A Cadena SER entrevista a unha voceira do partido neonazi que vén de entrar no Parlamento de Grecia: "Por que me vai dar pena que un inmigrante non poida comer?"
A Generalitat de Catalunya non descarta seguir os pasos do Goberno vasco e levar ao Tribunal Constitucional os recortes de Rajoy, aínda que non polo xeito en que afectan á sanidade e á educación, senón por enmarcarse nunha "ofensiva recentralizadora". En Ara.
Goirigolzarri tomará posesión como presidente de Bankia o vindeiro venres. A recomendación de Rato é ao final a aposta do Goberno para dirixir a entidade, que será rescatada polo Goberno.
Núñez Feijoo e o ministro de Agricultura e Medio Ambiente, Arias Cañete, deixan entrever que non se ampliará a concesión a ENCE en Lourizán.
A SGAE demanda o Concello de Lugo e reclámalle máis de 110.000 euros polas actividades culturais realizadas nos últimos cinco anos, principalmente obras de teatro. Pídelle mesmo 200 euros pola representación do Lazarillo de Tormes, obra considerada anónima
La Región critica o "escaso" investimento do Goberno de Feijoo en Ourense. O xornal, próximo a Baltar, denuncia que os principais proxectos da provincia están "paralizados"
Teresa Táboas estaría considerando afastarse da política, segundo conta Xabier Blanco en La Región
O PSOE lanza un vídeo viral con imaxes do debate da campaña electoral entre Rajoy e Rubalcaba que repasa as promesas feitas polo presidente do Goberno ("o que non levo no meu programa non o fago") e os augurios do candidato socialista de que o PP subiría o IVE ou realizaría recortes en ensino e sanidade
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público formada por CIG, BNG, Galiza Nova, Liga e AS-PG, entre outros colectivos, convoca concentracións este martes ás 19.30 horas en todas as cidades en protesta polos recortes.