Cristóbal Montoro promete que o Goberno impulsará a construción en Navantia, nas súas instalacións de Ferrol e Cádiz, dun buque militar para a súa venda ao exterior. Segundo a CIG, Navantia ten "dúbidas" sobre o levantamento do veto á construción civil na ría
Fálase
Izquierda Plural pide a dimisión do ministro do Interior tras a traxedia de Ceuta na que morreron 15 inmigrantes. Os seus deputados amosan carteis no Congreso
A edil do PP de Pontevedra María Biempica súmase a unha moción de BNG e PSdeG a prol do dereito ao aborto que rexeita a contrarreforma impulsada polo Goberno central. Recólleo El País.
O ditame da ILP Paz Andrade sae adiante na Comisión de Educación do Parlamento co apoio de todos os grupos parlamentarios.
O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol presentou unha denuncia ante a Comisión Europea polo intento "de subvencionar a planta de gas de Reganosa como futura estación de aprovisionamento de GNL a buques (bunkering)"
Portugal xa ten o seu Ecce Homo de Borja. Conservadores e restauradores critican os traballos realizados sobre unha ducia de esculturas do século XIX em Oliveira do Hospital
Un profesor e un alumno da Escola de Enxeñería Industrial (EEI) da Universidade de Vigo fixéronse co premio da primeira competición MachineStruxure de creación de impresoras 3D. Gañaron cun proxecto capaz de crear pezas de gran tamaño dun xeito máis preciso, exacto e eficiente enerxética e economicamente
Fomento culpa o bipartito de pagamentos no porto de Ferrol que iniciou o PP.
25 mortos nos enfrontamentos entre policías e oposición en Ucraína. Hai preto dun milleiro de feridos e 350 axentes están hospitalizados.
Coca-Cola cede e renuncia aos despidos aínda que mantén o peche de fábricas. Cambia os despedimentos forzosos por baixas voluntarias con 45 días por ano traballado e tope de 42 mensualidades.