Israel retira as súas forzas militares de Gaza, seguindo un alto o fogo de 72 horas negociado por Exipto. A invasión matou xa máis de 1.800 palestinos e palestinas
Fálase
"Chano" Rodríguez obtén o seu primeiro ouro nos Campionatos de Europa de natación adaptada. O vigués, nacido en 1957, superou nos 100 metros libres o inglés Mullen, 39 anos máis novo
Israel declara inimigo a Deputación de Gipuzkoa, tal e como fixera antes co Parlamento galego. Desta vez, a Embaixada acusa o organismo provincial de fomentar o odio cara ao seu país.
Xa son 64 os colectivos que apoian a manifestación que este sábado protestará en Pontevedra contra a organización de touradas na cidade. A marcha, convocada pola plataforma Touradas fóra de Pontevedra, partirá ás 20 horas da Peregrina
O PPdeG impide que Feijóo compareza no Parlamento para explicar o documento de 255 medidas de recorte previstas polo Ministerio de Facenda. Os grupos da oposición denuncian a redución nos servizos públicos, uns recortes que tamén rexeita "de pleno" o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, que insta o presidente da Xunta a "dar a cara" e "non agochar a cabeza".
O CIS confirma a dura caída de PSOE e PP en intención de voto e sitúa Podemos como terceira forza.
O paro rexistrado baixa en máis de 12.000 persoas en Galicia e en case 30.000 no Estado en xullo, segundo datos do Ministerio de Emprego. A cifra de desempregados queda nuns 4,4 millóns. Máis información, nuns minutos en Praza.
O Banco Espírito Santo recibe unha inxección pública de 4.900 millóns de euros e muda de nome. Pasará a chamarse Novo Banco.
Compostela acollerá este mes un cumio entre Rajoy e Merkel. O encontro servirá para preparar o Consello Europeo do día 30 en Bruxelas.
A ONU cualifica de "acto criminal" o novo ataque de Israel a unha das súas escolas en Gaza. Dez novos civiles mortos a un lugar que servía de refuxio a civís.