O Celta cae ante o Valencia (2-1) e non é quen de redondear unha excelente tempada na que remata noveno na Liga. O Atlético de Madrid proclamouse campión logo de empatar no Camp Nou ante o Barcelona.
Fálase
O Celta cae ante o Valencia (2-1) e non é quen de redondear unha excelente tempada na que remata noveno na Liga. O Atlético de Madrid proclamouse campión logo de empatar no Camp Nou ante o Barcelona.
Decenas de inmigrantes intentan saltar a Melilla. Polos menos 500 intentaron cruzar a fronteira e máis de trinta subiron ao valado ata que baixaron de forma voluntaria.
O galego perde peso en Internet. A porcentaxe da lingua galega do total de idiomas utilizados na Rede reduciuse á metade no último ano, segundo conta GCiencia.
O Consello de Europa critica o intento de España de criminalizar Twitter. "Que un comentario sexa reprobable non o converte en criminal", asegura.
Milleiros de galegos saen ás rúas convocados por Queremos Galego nas oito manifestacións que se celebran en diferentes localidades do país. Imaxe de @BNG_comarcaAC. Máis información, hoxe en Praza.
Este 17 de maio tamén se celebra o Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia. En 81 países a homosexualidade está considerada un delicto e en dez deles é castigada coa pena de morte.
Interior quere que o uso de Twitter para cometer delictos teña máis castigo. Pretende que o próximo Código Penal recolla este agravante.
A RAG celebra hoxe o acto central do Día das Letras en Guitiriz ás 12 do mediodía.
O galego Gómez Noya vence en Yokohama e logra a súa terceira vitoria consecutiva nas series mundiais. O triatleta ferrolán derrotou nun sprinti ao mallorquino Mario Mola.