A Mesa, o Ciemen e Kontseilua proporán mañá en Madrid “unha alianza entre as comunidades lingüísticas galega, catalá e vasca” para lle facer fronte á "Lei da Wertgoña".
Fálase
O ex presidente de Caixanova, Julio Fernández Gayoso, renuncia á medalla de ouro da cidade de Vigo despois de que o pleno municipal da cidade resolvese que se fose retirada.
A Troika vaille dar un ano máis a Portugal -até 2015- para cumprir a esixencia de déficit do 3%
A RAG anuncia que presentou recurso de casación ante o Tribunal Supremo contra a sentenza do TSXG que estimaba en parte os seus argumentos contra o decreto de plurilingüismo. Di que o retirará se a Xunta acepta negociar e volver ao consenso lingüistico.
Os salarios baixaron un 4% de media no cuarto trimestre de 2012. Boa parte do recorte débese ao recorte salarial do 19% que sufriron os funcionarios.
Mar Barcón publica un artigo na web de Novo Socialismo Galego na que defende o "municipalismo", que "foi un marco privilexiado onde recrear as políticas de xustiza e cohesión social e converteuse na primeira barreira fronte á exclusión e á desigualdade".
A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol denuncia "os continuos colapsos" no Servizo de Urxencias do CHUF por mor dos "recortes en financiamento". A Plataforma reclama "o investimento comprometido de 63 millóns de euros, en tres anos, para poñer a funcionar completamente o Hospital Naval" e que se lle dea "contido asistencial ao Hospital Novoa Santos".
A Asociación de Empresarios das Nogais cancela as súas contas en Novagalicia en protesta polo peche da sucursal no municipio. Todos os seus membros darán de baixa as súas contas "en bloque".
Este mediodía Mariano Rajoy recibe a Alberto Núñez Feijóo na Moncloa. É a segunda xuntanza deste tipo entre ambos presidentes dende a vitoria do PP nas eleccións xerais de 2011.
Rajoy asegura que Cospedal "é un magnífico exemplo a seguir". O presidente do Goberno cre que a secretaria xeral do PP "ennoblece a política" e é "exemplar".