Os salarios baixaron un 4% de media no cuarto trimestre de 2012. Boa parte do recorte débese ao recorte salarial do 19% que sufriron os funcionarios.
Fálase
Mar Barcón publica un artigo na web de Novo Socialismo Galego na que defende o "municipalismo", que "foi un marco privilexiado onde recrear as políticas de xustiza e cohesión social e converteuse na primeira barreira fronte á exclusión e á desigualdade".
A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol denuncia "os continuos colapsos" no Servizo de Urxencias do CHUF por mor dos "recortes en financiamento". A Plataforma reclama "o investimento comprometido de 63 millóns de euros, en tres anos, para poñer a funcionar completamente o Hospital Naval" e que se lle dea "contido asistencial ao Hospital Novoa Santos".
A Asociación de Empresarios das Nogais cancela as súas contas en Novagalicia en protesta polo peche da sucursal no municipio. Todos os seus membros darán de baixa as súas contas "en bloque".
Este mediodía Mariano Rajoy recibe a Alberto Núñez Feijóo na Moncloa. É a segunda xuntanza deste tipo entre ambos presidentes dende a vitoria do PP nas eleccións xerais de 2011.
Rajoy asegura que Cospedal "é un magnífico exemplo a seguir". O presidente do Goberno cre que a secretaria xeral do PP "ennoblece a política" e é "exemplar".
Pescanova suspende a fichaxe de Houlihan Lokey como asesor. Ata que os termos do contrato sexan aprobados polo consello de administración.
Iberia acepta a proposta do mediador que reduce o axuste laboral. A empresa podería suspender o ERE.
O AVE perdeu case medio millón de viaxeiros en 2012 e a caida dende 2006 é dun 10%
El Diario analiza o contraste entre os máximos históricos que se están rexistrando na Bolsa de Nova York e a redución dos salarios e a contracción do consumo. Nos Estados Unidos os beneficios empresariais creceron un 20% dende 2008 e os salarios un 1,4%