Varios colectivos están convocando para este xoves en Vigo unha concentración de solidariedade co pobo turco, contra a represión, a manipulación informativa e a brutalidade policial. Será ás 20.30 na porta do MARCO.

Varios colectivos están convocando para este xoves en Vigo unha concentración de solidariedade co pobo turco, contra a represión, a manipulación informativa e a brutalidade policial. Será ás 20.30 na porta do MARCO.
Jorquera "reproba" os comentarios "absolutamente machistas" do edil do BNG de Cambados. O voceiro do Bloque cre que o concelleiro debe "valorar" dimitir e senón, farao a Executiva Nacional do BNG, afirma.
Anova publica os resultados completos da votación á súa coordinadora nacional.
O BNG reproba o comentario sexista dun dos seus concelleiros en Cambados. Charlín González chamara "chochito de oro" á vicepresidenta Soraya Sáenz de Santamaría no seu blog.
Fernando Vázquez volve reivindicar a selección galega de fútbol. "Facer un partido ao ano non me parece tanto", di nun almorzo da Asociación da Prensa da Coruña.
Os comités de empresa de Renfe e Adif convocan unha manifestación o xoves 20 na Coruña en defensa do ferrocarril e para protestar polos últimos recortes
A arbitraxe das preferentes pecharase o 17 de xuño, coa previsión de devolverlle o 100% a uns 36.200 clientes. Outros 39.000 quedarán fora.
Rebelión interna en CCOO polo apoio do seu experto á reforma das pensións. Os membros do Gabinete Interfederal escribenlle unha carta a Toxo e á Executiva lamentando a decisión de Miguel Ángel García de aprobar o informe
A policía usa canóns de auga e gas lacrimóxeno para desaloxar a praza Taksim de Estambul.