Rematan as manifestacións do sector lácteo en Santiago e Lugo mentres, en Madrid, a ministra de Agricultura anuncia un acordo apoiado por industria e distribución do que se desmarcan varias organizacións gandeiras. A información, hoxe en Praza.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/55f169762eb9c-kr9zorinq9-fijldkt9ig2ulcp6nm95lkpry3qtvf940xvhbnpqjbob4i4kzxkfrgoshg_cahz2ilk-hs2vf7op92t5nmfjcirxmv7un-6ydb1zvllcbcsuwtlnzzuoefaknguq_cwyvadnq7ld_i71au-ysrf565x2bjfnx01_rijt2idsqn3-n9qkalwzpaigkrxcgwqjzyrw1206-h678-no.jpeg)
Rematan as manifestacións do sector lácteo en Santiago e Lugo mentres, en Madrid, a ministra de Agricultura anuncia un acordo apoiado por industria e distribución do que se desmarcan varias organizacións gandeiras. A información, hoxe en Praza.
Pasadas as 12 horas comezou en Compostela a manifestación do sector lácteo. Toda a información, ao longo do día, en Praza.
Os gandeiros entréganlle ao Banco de Alimentos o leite "incautado" en DIA. Está a contalo Campo Galego.
O PP anuncia que Feijóo fará campaña en Catalunya para Albiol porque o presidente da Xunta "di o mesmo dentro que fóra de Galicia".
Ás 12:00 comeza na Alameda de Santiago a manifestación do sector lácteo. Media hora antes iniciarase a mobilización gandeira en Lugo.
A tractorada de Compostela bloqueou esta noite as instalacións de Alcampo, xa que a multinacional francesa tamén se nega a asinar o acordo de prezos sostibles, indican. Cóntao Campo Galego
O CD Lugo vence 0-1 ao Córdoba na segunda eliminatoria da Copa do Rei e pasa á seguinte fase
O Club Ourense Baloncesto e a ACB acordan adiar o ascenso do conxunto ourensán ata o vindeiro ano. Cóntao La Región
A Fiscalía salienta o incremento dun 124% dos delitos por corrupción en Galicia. Cóntao Faro de Vigo
Mobilizacións en toda Galicia o vindeiro 13 de setembro "en solidariedade cos refuxiados". CCOO, UGT, CIG, PSdeG, BNG, EU e Podemos, entre outras organizacións, acordaron varias medidas para atender os asilados e apoiar a súa benvida ao país.