El Diario lembra que só o 9,78% dos conferenciantes do Mobile World Congress son mulleres, pero que o 90% do persoal que atende os stands son mozas. O texto recupera o debate sobre a escasa presenza das mulleres nos eidos tecnolóxico e científico.
Fálase
O Parlamento pide por unanimidade e a iniciativa do BNG o indulto para Carlos e Serafín, os traballadores condenados a tres anos de cárcere por participar nun piquete.
Casares Long anuncia que non se presentará á reelección como reitor da USC. Anunciouno ante o claustro da USC.
A Plataforma Sarriana polo Río esixe a comparecencia do Parlamento do conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, para que explique as razóns polas que a Xunta desestimou en 2009 un informe técnico que desaconsellaba, pola súa ineficacia e dano ao medio, a actuación que se está levando a cabo na zona do Malecón de Sarria. A Consellería encargou un segundo informe técnico en 2010.
O MUNCYT da Coruña anima todas as persoas, especialmente os nenos, a que se presenten no Museo do sábado 1 ao domingo 9 con disfraces de elaboración propia inspirados en motivos de ciencia e tecnoloxía
O ex edil de Santiago Albino Vázquez solicita que se anulen as escoitas telefónicas que o implican na operación Pokémon. Segundo o sumario, desas escoitas tírase, por exemplo, o presunto amaño do concurso para a xestión de multas na cidade.
Todos os grupos da Deputación de Lugo acordan reclamar a estación intermodal da cidade e rexeitar a súa paralización polo Goberno central.
El Diario explica a "trampa" da medida estrela lanzada por Rajoy no debate de política xeral: a rebaixa das cotizacións sociais. Recolle tamén o máis destacado da primeira xornada desta sesión parlamentaria.
Empresarios de Nigrán advertiron o alcalde sobre unha das adxudicacións que agora se investiga na operación Patos, segundo informa Faro de Vigo.