El Diario explica a "trampa" da medida estrela lanzada por Rajoy no debate de política xeral: a rebaixa das cotizacións sociais. Recolle tamén o máis destacado da primeira xornada desta sesión parlamentaria.
Fálase
Empresarios de Nigrán advertiron o alcalde sobre unha das adxudicacións que agora se investiga na operación Patos, segundo informa Faro de Vigo.
Pilar Rojo retira do Diario de Sesións do Parlamento as palabras nas que Juan Fajardo (AGE) cualificaba o PP como "herdeiros dun réxime que deixaba a xente na cuneta cun tiro na cabeza".
A unanimidade do Parlamento aproba tramitar a proposta do BNG para reformar a lei que regula as iniciativas lexislativas populares. Entre outros aspectos, contempla impedir que as ILP poidan ser bloqueadas e rebaixa aos 16 anos a idade para poder participar nelas.
A Audiencia de Barcelona anula a condena contra os editores da revista Cafeambllet por vulnerar o dereito ao honor do presidente xestor do hospital do Mar. Segundo a sentenza, a liberdade de expresión ampara o vídeo que denunciaba a opacidade e a corrupción na sanidade catalá.
O crítico e xornalista Camilo Franco comeza mañá mércores no CGAC a experiencia Queres ser arte contemporánea? coa que se quere rexistrar cal é o nivel de interpretación que os espectadores teñen respecto das obras expostas no centro. Até o 1 de marzo Camilo Franco entrevistará as persoas que o desexen, publicando diariamente estas entrevistas acompañadas dunha imaxe na súa web.
O Plan de Actuación 2014-2017 do CSIC prevé unha caída da súa produción científica e do seu persoal que o fará retroceder a niveis de 2007. Unha década de atraso.
A Asociación Cultural Alto Támega iniciou unha petición online en change.org para demandar que o castelo de Monterrei teña un uso cultural e público, fronte ao proxecto de convertelo nun Parador
A Asociación Cultural Alto Támega iniciou unha petición online en change.org para demandar que o castelo de Monterrei teña un uso cultural e público, fronte ao proxecto de convertelo nun Parador