Alcoa advirte do risco de peche das plantas galegas aínda cunha boa poxa eléctrica. O aumento das exportacións desde China afunde o prezo do aluminio.
Fálase
A pensión do 81% dos galegos é inferior ao salario mínimo. Os ingresos non chegan aos 593 euros ao mes, case 100 menos que a media estatal.
Xavier Vence advirte que "o BNG sacrificou as súas siglas e Podemos non" para favorecer unha lista de unidade e aclara que a formación de Pablo Iglesias contará para unha lista unitaria "se asume que Galicia é unha nación, que pode conformar una candidatura plural e unitaria para traballar como un grupo propio nas Cortes".
Aumentan as dimisións en Podemos Galicia en desacordo pola política de alianzas e as listas para as xerais. Son xa oito renuncias, incluídos os líderes en Vigo e Cangas.
"Hablas en gallego, mejor reservo en otro coche". É a resposta que recibiu o editor de Mallandroid e edil do BNG, Iago Varela, dunha usuaria de Blablacar. A conversa está a adquirir forte repercursión nas redes sociais.
Deteñen o administrador e o apoderado dunha empresa de Lalín por outra presunta fraude en cursos de formación. Recólleo Europa Press
Montoro defende os Orzamentos do Estado para 2016 en clave electoral con duros ataques á oposición. eldiario.es está a informar sobre o debate das contas estatais, que hoxe culmina no Congreso dos Deputados. Pódese seguir ao vivo nesta ligazón.
O PP catalán propón excluír da sanidade primaria aos inmigrantes sen papeis. García Albiol recupera o seu discurso antiinmigración e defende que as persoas en situación irregular só poidan acceder a urxencias.
Entra na cadea a avoa canaria que se negou a derrubar a súa casa para non deixar sen teito aos netos. Veciños e o goberno autonómico maniféstanse para pedir o seu indulto (#JusticiaparaJosefa).
Case 60.000 galegos pasan os seus aforros a fondos de investimento. O patrimonio en instrumentos financeiros crece até os 7.067 millóns ante a baixa rendibilidade dos depósitos tradicionais.