Carlos Saura recibirá o vindeiro 25 de novembro o Premio Especial Cineuropa 2016. O festival compostelán celebra este ano a súa 30ª edición, do 8 ao 27 de novembro
Fálase
O Festival de Cinema Fantástico da Coruña entregou este domingo os seus trofeos e galardóns. O premio Ópera Prima foi para Baskin, de Can Evrenol; o de curtametraxes para Einstein-Rosen de Olga Osorio; e o de guión de curtametraxe para Paperback Writer, de Antón Varela Rodríguez. O FKM pecharase este luns coa tradicional zombiewalk
A UE e Canadá asinaron este domingo o CETA, o meirande acordo comercial da historia, que facilita o camiño para a chegada do TTIP.
Partes médicos de 2013 xa informaron dos malos tratos a menores no centro de acollida de Vigo. Os menores aseguran que pasaban días feridos sen que os responsables do centro, concertado coa Xunta e xestionado polas Hermanas de la Caridad, lles proporcionasen atención médica nin farmacolóxica
Pedro Sánchez acusa nunha entrevista en Salvados aos poderes financeiros e ao grupo Prisa de presionar para manter a Rajoy como presidente. Ademais, recoñece que se trabucou con Podemos, co que tende pontes.
“Nada é imposible na vida, pero non teño na cabeza ser candidato á Secretaría Xeral do PSdeG”, di José Blanco. O ex-ministro avisa aos díscolos do PSOE: “A ninguén se lle obriga a formar parte do grupo parlamentario”
A amnistía fiscal permitiu a algúns evasores pedir devolucións a Hacienda, conta El País.
Morre Fermín Bouza Álvarez (Santiago, 1946), sociólogo, galeguista asentado en Madrid, colaborador de diversos medios galegos e membro do consello editorial da revista Luzes, cuxo director, Xosé Manuel Pereiro, informou do seu pasamento. Nos últimos tempos o propio Bouza informaba no seu blog, El voto con botas, dos seus problemas de saúde. Era fillo de Fermín Bouza-Brey.
Na noite do sábado ao domingo atrásase a hora para pasar ao horario de inverno. Durante a semana debateuse sobre o fuso horario de Galicia e Portugal. “Eu non son portugués, eu son español”, dixo Feijóo.
ÚLTIMA HORA | Rajoy é investido para un segundo mandato grazas á abstención de 68 dos 84 deputados do PSOE. A deputada socialista por Ourense Rocío de Frutos é unha das 15 socialistas que votaron en contra.