O presidente do Congreso dos Deputados, Jesús Posada, acompaña a un grupo de toureiros na presentación dunha iniciativa lexislativa popular. O obxectivo, que as touradas sexan consideradas Ben de Interese Cultura.
Fálase
O papel do Fondo Monetario Internacional (FMI) nun gráfico. Foi Europa a maior destinataria dos fondos desta institución, especialmente desde o inicio da última gran recesión.
A Consellería de Benestar formaliza a xestión privada dunha residencia de maiores e centro de alheimer en Bembrive e de prazas de residencia de maiores en Pontevedra. En dous contratos, o departamento de Beatriz Mato gastará máis de 12 millóns de euros.
O Diario Oficial de Galicia dá conta hoxe do inicio do trámite de exposición pública o proxecto de trazado dun novo enlace entre a Autoestrada do Atlántico en Santiago, á altura da Cidade da Cultura.
Portugal renuncia definitivamente ao tren de alta velocidade con España. "O Estado já recebeu dinheiro dos fundos comunitários para financiar a obra e tinha inclusivamente feito uma candidatura conjunta com Espanha para receber apoios de Bruxelas, que agora cairá por terra", conta o diario Público
Os afiliados da CIG en PSA Peugeot Citröen celebrarán este sábado unha asemblea informativa que terá lugar no Hotel México a partir das 11:00 horas. A orde do día é a seguinte:
- Análise e debate Convenio Colectivo 2012-2015
- Aplicación Resolución Comisión de Garantías
- Folga Xeral do 29 de Marzo
- Rogos e Preguntas
O Ministerio de Empleo non tramitou pola vía do concurso público a realización dun vídeo informativo sobre a reforma laboral, que a oposición cualifica de "propagandístico". Non houbo anuncio de licitación nin de adxudicación e, polo tanto, se descoñece o seu custo. O PSOE xa anunciou unha demanda.
Diagonal celebra este sábado na Tabacalera de Madrid o seu sétimo aniversario. O quincenal conta con 5000 susbscritores e en abril presentará unha web renovada e con máis contidos.
A oposición ve no anuncio do ministro de Interior, Jorge Fernández Díaz, de endurecer o Código Penal para os delictos de desobediencia e resistencia á autoridade, un intento de "amedrentar os cidadáns para que non se manifesten contra o recorte de dereitos".
A Xunta pacta con Brenntag unha indemnización extraxudicial de 5,5 millóns de euros polo vertido tóxico ao río Umia. O Goberno galego, que solicitaba unha compensación de 9,6 millóns, cre que é mellor asegurar a cantidade acadada antes que agardar polo "resultado incerto" do xuízo.