Bernie Sanders logra a súa sétima vitoria consecutiva ante Hillary Clinton, quen no entanto mantén unha vantaxe superior aos 200 delegados nas primarias do Partido Demócrata estadounidense.

Bernie Sanders logra a súa sétima vitoria consecutiva ante Hillary Clinton, quen no entanto mantén unha vantaxe superior aos 200 delegados nas primarias do Partido Demócrata estadounidense.
O PSOE responde ás 20 propostas de Podemos para formar goberno e asegura concordar cun 70%. O documento íntegro remitido polos socialistas, en eldiario.es
Atopan morto un Policía na comisaría de Ourense. Recólleo La Voz
As empresas de autobuses esixen que a Xunta as compense pola anulación das concesións ordenada polo Supremo. Recólleo Faro de Vigo
Eldiario.es recupera a reportaxe audiovisual sobre o asasinato de José Couso en Iraq. Esta fin de semana familiares e compañeiros do cámara galego reivindican "xustiza" pola súa morte hai 13 anos.
A difusión de informes policiais sen xudicializar sobre Podemos reedita a estratexia contra o independentismo catalán. Unha reportaxe de Pedro Águeda en eldiario.es
Anova celebra este domingo na Coruña a súa Conferencia Nacional, na que abordará o escenario político previo ás eleccións galegas. Máis información, hoxe en Praza.
A Federación Galega de Fútbol anuncia o regreso das seleccións galegas absolutas. O combinado masculino enfrentarase a Venezuela o 20 de maio e o feminino retornará nunha data aínda por determinar. O pasado decembro a Federación anunciara o retorno da 'irmandiña' para 2016 tras máis de media década de veto da Xunta.
MAPA Unha vintena de formas para denominar en galego os fillos e fillas menores da familia. Recompilounas un estudo do ILG que é posible consultar aquí
Unha trintena de mareas municipais participa este sábado en Marín nun novo encontro das Mareas en Común. Entre os asuntos que abordan as plataformas municipalistas está o proceso de toma de decisións e a organización interna do que pretender ser base para a "confluencia" nas eleccións gaelgas.