A Federación Galega de Fútbol anuncia o regreso das seleccións galegas absolutas. O combinado masculino enfrentarase a Venezuela o 20 de maio e o feminino retornará nunha data aínda por determinar. O pasado decembro a Federación anunciara o retorno da 'irmandiña' para 2016 tras máis de media década de veto da Xunta.
