O presunto líder da trama Campeón dedicouse a vender queixo en Portugal e agora céntrase no negocio dos mobles, segundo publica La Voz
Fálase
Podemos sería a primeira forza política do Estado en intención de voto cun 27,7% dos sufraxios e por riba do PSOE e tamén do PP, que caería ao terceiro lugar cun 20,7%. Son os resultados dunha enquisa de Metroscopia que publica este domingo El País
O Celta dá a sorpresa na xornada da Primeira división ao imporse por 0-1 ao Barça no Camp Nou
Grupos antiabortistas ocultan cos seus carteis un mural do MGS a prol do dereito ao aborto. Fixeron o mesmo con outro pintado pola Marcha Mundial das Mulleres, tamén na cidade de Ourense.
Besteiro retrúcalle a Feijóo, que di non saber se "é correcto" carrexar anciáns a votar, que este tipo de proceder é "incorrecto e indigno".
A traballadora que padeceu ébola, a galega Teresa Romero, sae do illamento e fotográfase co equipo médico do Carlos III de Madrid en agradecemento polo seu labor. Recólleo El Diario
Xosé Manuel Beiras e Martiño Noriega compartirán a portavocía de Anova e liderarán a nova Comisión Permanente da formación, aprobada esta mañá na súa Coordinadora Nacional. A composición completa deste órgano "colexiado" pódese consultar na súa web.
Grupos antiabortistas tapan murais a prol do dereito ao aborto en diferentes puntos de Galicia (na imaxe, un en Ourense) con carteis dunha das súas manifestacións. Denúnciao a Marcha Mundial das Mulleres, que xa se está a organizar para limpalos xunto a outros colectivos.
O alcalde de Monforte, Severino Rodríguez (BNG), anuncia que non se presentará ás municipais de maio. Rodríguez, que é rexedor monfortino dende 2003, sinala que non optará á reelección para apostar pola "rexeneración" e por "compoñentes persoais e familiares". Recólleo El Progreso
Ex edís do PP de Teo néganse a declarar no caso no pola ampliación presuntamente irregular do contrato municipal con Aquagest, polo que están imputados por prevaricación. Recólleo La Voz