A traballadora que padeceu ébola, a galega Teresa Romero, sae do illamento e fotográfase co equipo médico do Carlos III de Madrid en agradecemento polo seu labor. Recólleo El Diario
Fálase
Xosé Manuel Beiras e Martiño Noriega compartirán a portavocía de Anova e liderarán a nova Comisión Permanente da formación, aprobada esta mañá na súa Coordinadora Nacional. A composición completa deste órgano "colexiado" pódese consultar na súa web.
Grupos antiabortistas tapan murais a prol do dereito ao aborto en diferentes puntos de Galicia (na imaxe, un en Ourense) con carteis dunha das súas manifestacións. Denúnciao a Marcha Mundial das Mulleres, que xa se está a organizar para limpalos xunto a outros colectivos.
O alcalde de Monforte, Severino Rodríguez (BNG), anuncia que non se presentará ás municipais de maio. Rodríguez, que é rexedor monfortino dende 2003, sinala que non optará á reelección para apostar pola "rexeneración" e por "compoñentes persoais e familiares". Recólleo El Progreso
Ex edís do PP de Teo néganse a declarar no caso no pola ampliación presuntamente irregular do contrato municipal con Aquagest, polo que están imputados por prevaricación. Recólleo La Voz
A xuíza que instrúe a querela arxentina contra o franquismo ordea a detención do ex ministro Rodolfo Martín Villa e doutras 19 persoas máis. Esta querela foi iniciada polo galego Darío Rivas, fillo do alcalde asasinado de Castro de Rei.
El País repasa os casos de presunta corrupción que afectan ao PP galego e amosa unha nova imaxe de Feijóo na praza de touros de Pontevedra co presunto conseguidor da trama Zeta
O FROB envía á Fiscalía dúas novas operacións irregulares da antiga Novacaixagalicia por importe de 210 millóns de euros. Segundo o organismo estatal, trátase de "operacións de financiamento para a adquisición de inmobles e/ou participación en sociedades ou renegociacións de préstamos", entre outras. Estas operacións "presentan indicios de irregularidade" e "non responden a unha finalidade económica lóxica". Nos seus últimos meses as antigas caixas dispararon os créditos aos seus directivos.
O xuíz dita prisión sen fianza para Francisco Granados por "pertenza a asociación criminal".
Anticorrupción investiga o financiamento de Caixa Galicia á inmobiliaria Astroc. As operacións terían xerado un burato de 300 millóns de euros na etapa de Méndez como director xera.