A CIG recorre os servizos mínimos ditados pola Xunta para o 29-M por consideralos abusivos e contrarios ao dereito fundamental de folga. A central nacionalista entende que con este decreto procúrase unha “neutralización dos efectos do conflito mediante a asignación duns recursos de tempo e persoal absolutamente desproporcionados”.
Fálase
Sinpermiso publica un artigo de Antoni Domènech, G. Buster e Daniel Raventós, membros do seu comité de redacción no que analiza a relación entre a derrota do PP nas eleccións desta fin de semana e a folga xeral convocada para o xoves: "A ofensiva de contrarreformas neoliberais imposta nestes tres meses polo PP chocou cunha remobilización inicial da esquerda, no marco da preparación da folga xeral".
Rick Santorum endurece a campaña electoral norteamericana cun vídeo contra Obama que ben parece un filme de terror e cunha elevada dose de publicidade subliminal
O Ministerio de Emprego recupera o vídeo propagandístico sobre a reforma laboral a catro días da folga xeral e despois de que a Xunta Electoral o vetase ata despois das eleccións andaluzas e asturianas. Segundo o Goberno central, custou 4.200 euros máis IVE.
CCOO e UGT estudan recorrer os servizos mínimos aprobados pola Xunta para a folga xeral e xa pediron ante a Xustiza a suspensión cautelar dos servizos mínimos na CRTVG, instalacións deportivas e xulgados.
Toxo e Méndez piden ao Goberno de Rajoy que entenda a folga xeral como "unha oportunidade para corrixir a reforma laboral". Os líderes sindicais de CCOO e UGT solicitan a creación "dunha mesa de negociación con sindicatos e empresarios". Imaxe de EP.
O deputado José Manuel Lage Tuñas informa a través das redes sociais de que o Grupo Parlamentario Socialista vén de decidir secundar a folga xeral.
O BNG vén de realizar a configuración definitiva da súa Executiva Nacional. Toda a información, nuns minutos en Praza.
A crise dispara as queixas ao Valedor na área de servizos sociais. A gravidade da situación económica provocou que o número de reclamacións na área de servizos sociais se incrementase nun 141% en 2011, alcanzando as 507 demandas, tal e como destaca o Informe Ordinario presentado hoxe. En total, o organismo tramitou a "cifra histórica" de 2.947 expedientes. Máis información ao longo do día en Praza.
Promusicae denuncia a Enrique Dans por atentar contra o seu honor nun texto publicado no seu blog en xullo de 2011, titulado Siete motivos por los que el caso SGAE es mucho más que la propia SGAE, no que Dans afirmaba que a entidade vulneraba as leis antimonopolio. Dans denuncia que Promusicae, que pide 20 mil euros de indemnización, está "utilizando o dereito ao honor para restrinxir a liberdade de expresión e información".