O Concello de Pontevedra escolle o Apalpador como imaxe das súas actividades de nadal, que comezaron onte
Fálase
Escasa participación nas manifestacións "en defensa da Constitución" en Barcelona e Madrid. Na capital catalá a convocatoria, apoiada por PP, Ciutadans e UPyD, reuniu unhas sete mil persoas. E en Madrid a marcha, que contou coa participación de Carlos Iturgaiz ou Alejo Vidal-Quadras, non conseguiu encher a praza de Colón.
Berlusconi ameaza con deixar caer o Goberno de Mario Monti. Os senadores do PDL abandonaron a cámara para non votar unha lei do Goberno.
As licencias Creative Commons celebran o seu décimo aniversario o 16 de decembro. Na semana do 7 ao 16 unha serie de accións baixo a etiqueta #cc10 conmemoran a efeméride.
O adestrador do Barça, Tito Vilanova, criticou este mércores o proxecto de reforma educativa pois suporia "retroceder 30 anos", cando moita xente, coma el mesmo, non puido aprender catalán na escola. Vilanova súmase á posición oficial do F.C. Barcelona e a do capitán Carles Puyol, que tamén se opuxeron publicamente á norma. No partido de onte contra o Benfica no Camp Nou puideron verse moitas faixas alusivas a este tema.
A XI edición do Festival Agustín Magán de teatro amador comeza este xoves en Compostela coa representación de Pim, pam, Clown! no Teatro Principal, que acollerá todas as obras até o martes 11.
TVE gastou case tres millóns de euros en programación relixiosa en 2011 dos que 2.3 millóns foron dedicados á relixión católica
O BNG celebra nestes momentos un acto en Compostela en demanda da "soberania da nación galega". Ademais anima os e as internautas a realizar unha "manifestación virtual" co hashtag #soberaniaGZ
O Parlamento portugués debate este xoves a lei da reorganizacón administrativa do territorio, que levará á supresión ou fusión dun milleiro de freguesias para reducir o gasto administrativo. Unha plataforma cidadá prepara unha manifestación contra esta medida.
David Reboredo, o extoxicómano vigués rehabilitado, ingresa en prisión tras negarlle o Goberno o indulto. Chelo Martínez, deputada de AGE, anunciou que se presentará unha iniciativa no Parlamento galego para que se apoie o indulto