O adestrador do Barça, Tito Vilanova, criticou este mércores o proxecto de reforma educativa pois suporia "retroceder 30 anos", cando moita xente, coma el mesmo, non puido aprender catalán na escola. Vilanova súmase á posición oficial do F.C. Barcelona e a do capitán Carles Puyol, que tamén se opuxeron publicamente á norma. No partido de onte contra o Benfica no Camp Nou puideron verse moitas faixas alusivas a este tema.
