Cinco mortos e 400 feridos nos enfrontamentos en Exipto entre partidarios do presidente Morsi e a oposición, unha mestura de grupos esquerdistas, grupos laicos e de partidarios do antigo réxime. Morsi, que falará hoxe en público despois de tres dias de tensión, sacou os tanques ás rúas.
Fálase
Morre aos 104 anos de idade o arquitecto Oscar Niemeyer. Foi un dos codeseñadores de Brasilia e de centos de obras en todo o mundo, coma o Centro Niemeyer en Avilés. Foi comunista e nos seus últimos anos apoiou con decisión o PT e a Lula da Silva.
Instagram rompe con Twitter. As imaxes tomadas coa coñecida aplicación de fotografía, agora propiedade de Facebook, deixarán de poder verse directamente nos tweets. Cóntao La Información.
O TSXG volve dar un pau á política lingüística da Xunta ao estimar parcialmente o recurso do sindicato STEG contra o decreto do plurlingüismo, ao igual que fixera cos presentados por CIG-Ensino, A Mesa, Queremos Galego e a RAG. A central pide "a derrogación do decreto e a dimisión do conselleiro de Educación". Máis información, esta tarde en Praza.
O FC Barcelona emitiu un comunicado en defensa da lingua catalá e do modelo de inmersión linguística e no que engade que o clube se pon "ao servizo do país, como fixo ao longo da súa historia, para defender a nosa cultura e a nosa identidade"
Os sindicatos de Novagalicia Banco non acudirán á reunión coa dirección do vindeiro luns. Pedirán unha xuntanza con Feijóo e organizarán varias xornadas de protesta en decembro.
AGE e BNG rexistran conxuntamente unha petición de comparecencia no Parlamento da conselleira de Traballo, Beatriz Mato. Por separado non podería facelo ningunha das dúas formacións, ao non teren escanos dabondo.
O 38% dos españois apostan por eliminar ou reducir as competencias autonómicas segundo a enquisa do CIS. Un 32.5% defende o mantemento do actual sistema. E un 22% pide incrementar o autogoberno ou recoñecer o dereito de autodeterminación.
Só o 38 por cento dos españois se amosan "moi" ou "bastante satisfeitos" coa Constitución, por un 51% que están "pouco" ou "nada satisfeitos", segundo o último barómetro do CIS. De igual forma o 67% están "pouco" ou "nada satisfeitos" co funcionamento da democracia. Porén, o 74% segue crendo que a Transición é un "motivo de orgullo".
#consellodaxunta Feijóo insiste en que o "equilibrio nas linguas" vén funcionando no ensino "durante trinta anos". "Non hai un problema lingüístico na comunidade", mantén, engadindo agora que se trata dunha cuestión "ideolóxica" e "política.