O FC Barcelona emitiu un comunicado en defensa da lingua catalá e do modelo de inmersión linguística e no que engade que o clube se pon "ao servizo do país, como fixo ao longo da súa historia, para defender a nosa cultura e a nosa identidade"
Fálase
Os sindicatos de Novagalicia Banco non acudirán á reunión coa dirección do vindeiro luns. Pedirán unha xuntanza con Feijóo e organizarán varias xornadas de protesta en decembro.
AGE e BNG rexistran conxuntamente unha petición de comparecencia no Parlamento da conselleira de Traballo, Beatriz Mato. Por separado non podería facelo ningunha das dúas formacións, ao non teren escanos dabondo.
O 38% dos españois apostan por eliminar ou reducir as competencias autonómicas segundo a enquisa do CIS. Un 32.5% defende o mantemento do actual sistema. E un 22% pide incrementar o autogoberno ou recoñecer o dereito de autodeterminación.
Só o 38 por cento dos españois se amosan "moi" ou "bastante satisfeitos" coa Constitución, por un 51% que están "pouco" ou "nada satisfeitos", segundo o último barómetro do CIS. De igual forma o 67% están "pouco" ou "nada satisfeitos" co funcionamento da democracia. Porén, o 74% segue crendo que a Transición é un "motivo de orgullo".
#consellodaxunta Feijóo insiste en que o "equilibrio nas linguas" vén funcionando no ensino "durante trinta anos". "Non hai un problema lingüístico na comunidade", mantén, engadindo agora que se trata dunha cuestión "ideolóxica" e "política.
#consellodaxunta A Xunta suprime a Fundación Illa de San Simón e fusionará o CIXTEC e o Instituto Galego de Estatística. Son algúns dos cambios introducidos no novo Goberno,
#consellodaxunta A Xunta encomendaralle a unha empresa privada o servizo de extinción de incendios a través de helicópteros, nun sistema semellante ao empregado no salvamento marítimo
#consellodaxunta O Consello aproba o programa para cederlles vivendas públicas baleiras a persoas afectadas por desafiuzamentos. O plan inclúe tamén a posibilidade de acceso a alugueiros.
O Goberno négalle o indulto a un extoxicómano que fai traballo social e que se enfronta a sete anos de cárcere por vender 0,2 gramos de heroína en 2006. Leva dous anos desenganchado e ten o apoio dunha decena de asociacións locais que avalan a súa reinserción. Rajoy aprobou xa case 500 indultos en 11 meses de goberno.