Berlusconi ameaza con deixar caer o Goberno de Mario Monti. Os senadores do PDL abandonaron a cámara para non votar unha lei do Goberno.
Fálase
- As licencias Creative Commons celebran o seu décimo aniversario o 16 de decembro. Na semana do 7 ao 16 unha serie de accións baixo a etiqueta #cc10 conmemoran a efeméride.   
- O adestrador do Barça, Tito Vilanova, criticou este mércores o proxecto de reforma educativa pois suporia "retroceder 30 anos", cando moita xente, coma el mesmo, non puido aprender catalán na escola. Vilanova súmase á posición oficial do F.C. Barcelona e a do capitán Carles Puyol, que tamén se opuxeron publicamente á norma. No partido de onte contra o Benfica no Camp Nou puideron verse moitas faixas alusivas a este tema.   
- A XI edición do Festival Agustín Magán de teatro amador comeza este xoves en Compostela coa representación de Pim, pam, Clown! no Teatro Principal, que acollerá todas as obras até o martes 11. 
- TVE gastou case tres millóns de euros en programación relixiosa en 2011 dos que 2.3 millóns foron dedicados á relixión católica 
- O BNG celebra nestes momentos un acto en Compostela en demanda da "soberania da nación galega". Ademais anima os e as internautas a realizar unha "manifestación virtual" co hashtag #soberaniaGZ   
- O Parlamento portugués debate este xoves a lei da reorganizacón administrativa do territorio, que levará á supresión ou fusión dun milleiro de freguesias para reducir o gasto administrativo. Unha plataforma cidadá prepara unha manifestación contra esta medida. 
- David Reboredo, o extoxicómano vigués rehabilitado, ingresa en prisión tras negarlle o Goberno o indulto. Chelo Martínez, deputada de AGE, anunciou que se presentará unha iniciativa no Parlamento galego para que se apoie o indulto 
- Cinco mortos e 400 feridos nos enfrontamentos en Exipto entre partidarios do presidente Morsi e a oposición, unha mestura de grupos esquerdistas, grupos laicos e de partidarios do antigo réxime. Morsi, que falará hoxe en público despois de tres dias de tensión, sacou os tanques ás rúas. 
- Morre aos 104 anos de idade o arquitecto Oscar Niemeyer. Foi un dos codeseñadores de Brasilia e de centos de obras en todo o mundo, coma o Centro Niemeyer en Avilés. Foi comunista e nos seus últimos anos apoiou con decisión o PT e a Lula da Silva. 