O Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT) analizará todos os chíos publicados en Twitter para estudar o xeito en que se propaga a información nesta rede social. Cóntao Clases de Periodismo
Fálase
O sector eólico galego deberá devolver 240 millóns de euros en primas, en base ao novo decreto de reforma enerxética que entrou en vigor en xullo de 2013.
El Diario detalla os nomes, cargos e gastos das persoas que empregaron as tarxetas de diñeiro negro en Caja Madrid e Bankia.
Lugo prepárase para o San Froilán, que comeza oficialmente este sábado, coa celebración esta noite do Festival de Noso, organizado pola asociación Cultura do País e cun cartaz encabezado desta volta pol'O Sonoro Maxín.
O Foro Económico de Galicia advirte de que a saída da recesión do país é "máis feble" que a do conxunto do Estado. Recólleo Faro de Vigo
O presidente de Navantia volve pechar a porta ao dique flotante e xustifica o desvío a Cádiz de parte do flotel de Pemex. En La Voz
Baltar recorre a súa condena alegando que estivo baseada en probas de orixe "ilícita". Cóntao El País
GCiencia lembra nunha reportaxe a chegada do furacán Hortensia, hai 30 anos, considerada a primeira crise meteorolóxica do país
España é o Estado europeo onde máis se empobreceron as familias. O poder adquisitivo descendeu un 28% desde 2007.
Amancio Ortega é o home máis rico de Europa e a súa filla Sandra, a sétima na clasificación das mulleres. A fortuna do fundador de Inditex ascende aos 48.000 millóns de euros segundo Julius Bauer.