Amancio Ortega é o home máis rico de Europa e a súa filla Sandra, a sétima na clasificación das mulleres. A fortuna do fundador de Inditex ascende aos 48.000 millóns de euros segundo Julius Bauer.
Fálase
A banca ética Fiare inaugura en Bilbao a súa primeira sede física en España, un paso máis no proceso de comezar a operar como entidade bancaria.
O Colexio Público A Rúa (Cangas), o IES Cacheiras (Teo), o IES A Sangriña (A Guarda) e o IES Antonio Fraguas (Santiago), Premios de Alfabetización Audiovisual do Ministerio de Educación.
A SEPI confirma e xustifica o traslado de parte do flotel de Ferrol a Cádiz e volve descartar o dique flotante.
As inscricións nas oficinas de emprego galegas subiron en 1.264 persoas no mes de setembro e 19.720 no conxunto do Estado. A afiliación á Seguridade Social descendeu en 4.969 persoas en Galicia no mesmo mes. Máis información, esta mañá en Praza.
O Goberno catalán mantén suspendidos os trámites da consulta nos que tería que intervir persoal público, pero segue cos preparativos no ámbito parlamentario. En Vilaweb
El Diario relata a historia dos soldados considerados "traidores" por Israel ao negárense a ocupar Palestina.
Un asesor de Fomento critica a difusión dos vídeos do accidente de Angrois porque "danan a marca España". Cóntao El País
Miguel Arias Cañete preséntase ante os eurodeputados e eurodeputadas como un "defensor das enerxías renovables" e elude responder á pregunta de se familiares seus posúen empresas petrolíferas.