O Colexio Público A Rúa (Cangas), o IES Cacheiras (Teo), o IES A Sangriña (A Guarda) e o IES Antonio Fraguas (Santiago), Premios de Alfabetización Audiovisual do Ministerio de Educación.
Fálase
A SEPI confirma e xustifica o traslado de parte do flotel de Ferrol a Cádiz e volve descartar o dique flotante.
As inscricións nas oficinas de emprego galegas subiron en 1.264 persoas no mes de setembro e 19.720 no conxunto do Estado. A afiliación á Seguridade Social descendeu en 4.969 persoas en Galicia no mesmo mes. Máis información, esta mañá en Praza.
O Goberno catalán mantén suspendidos os trámites da consulta nos que tería que intervir persoal público, pero segue cos preparativos no ámbito parlamentario. En Vilaweb
El Diario relata a historia dos soldados considerados "traidores" por Israel ao negárense a ocupar Palestina.
Un asesor de Fomento critica a difusión dos vídeos do accidente de Angrois porque "danan a marca España". Cóntao El País
Miguel Arias Cañete preséntase ante os eurodeputados e eurodeputadas como un "defensor das enerxías renovables" e elude responder á pregunta de se familiares seus posúen empresas petrolíferas.
Vítimas de Angrois protestan contra o novo ministro de Xustiza ante o Ministerio. Cualifican de "inhumano e irresponsable" a Rafael Catalá, de quen xa criticaran o seu nomeamento. Unha das vítimas, ex concelleira do PP, acúsao de presionala para non criticar a Renfe e Adif durante a súa convalecencia.
Ás 18:00 comeza o exame a Miguel Arias Cañete na Eurocámara. Pódese seguir ao vivo nesta ligazón