El Diario publica as declaracións do portavoz de educación da UE, Dennis Abbott, que calificara de "parvadas" unhas declaracións do ministro Wert. Abbott sinala que "os sistemas educativos deberían contribuír á mobilidade social, pero na práctica non é así”
Fálase
Exipto declara "organización terrorista" os Irmáns Musulmáns. O Goberno considera banda armada o histórico movemento islamita logo dun grave atentado contra unha comisaría.
Morre Germán Coppini, gran voz da movida viguesa e de Siniestro Total e Golpes Bajos. El Diario destaca cinco cancións para lembrar este músico cántabro.
A xuíza imputa catro traballadores do Concello da Coruña polo caso Pokémon. Son a directora dos museos científicos, a do Acuario e dous funcionarios.
Galicia e a Costa da Morte choran a perda do santuario de Muxía. Un raio provocou un incendio que destruíu o tellado e boa parte dos retablos e as imaxes relixiosas.
Este 25 de nadal Praza non se actualizará por descanso da redacción. Boas festas a todos e todas!
Facua denuncia o Goberno ante a Comisión Europea por non cumprir a directiva de electricidade, que especifica que os prezos deben ser "razoables e claramente comparables". A entidade sinala que na actualidade non se garante a protección "dos consumidores vulnerables". Facua-Consumidores en Acción convocou para o vindeiro 30 de decembro un apagón de 19 a 20 horas para protestar contra a continuada suba do prezo da luz.
Nace Enchufados, unha nova publicación humorística en galego, con gran presenza do humor gráfico e da banda deseñada, de periodicidade quincenal e venda en quioscos.
Os 17 traballadores e traballadoras de Povisa denunciados por "ocupar" a sede da Xunta en Vigo o pasado 5 de agosto en defensa do seu convenio colectivo, absoltos de todos os cargos, ao non incorrer en causa penal ningunha.
Banesco inicia a liquidación de Novagalicia ao poñer á venda activos valorados en 4.000 millóns. Trátase de activos considerados non estratéxicos, coma a carteira de participacións empresariais da antiga CXG Corporación Caixa Galicia.