O Concello de Lugo aprobará este xoves os seus orzamentos cos votos a prol do PSdeG, o previsible apoio de Lugonovo e a abstención de BNG, ACE e Ciudadanos.
Fálase
Sada disponse a pedir a declaración de zona catastrófica tras as fortes chuvias do mércores. Os asolagamentos levaron o colapso a cinco concellos da provincia da Coruña.
A partir das 20:50 poderá seguirse en directo a través da web da CRTVG a gala de entrega dos XX Premios María Casares de Teatro, que se celebra na Coruña. A gala emitirase en diferido na TVG2 ás 22:46
O túnel do Parrote na Coruña abrirá mañá a primeira hora tras o acordo entre Concello e Autoridade Portuaria logo da xuntanza que representantes de ambas autoridades mantiveron hoxe.
O INE sitúa no 3,2% o crecemento interanual do PIB galego, o mesmo que a media estatal e 1,1 puntos máis que o dato adiantado polo IGE o pasado febreiro, que o situaba no 2,1%.
O mural de Lugrís na Rúa Real da Coruña será declarado Ben de Interese Cultural. A Dirección Xeral de Patrimonio comeza a incoación do expediente para a protección, que reclamaran distintos colectivos, coma a Asociación Cultural O Mural
Pablo Iglesias di estar disposto a non entrar no Goberno para facilitar o acordo co PSOE. Eldiario.es ofrece a comparecencia do líder do Podemos tras a súa xuntanza con Pedro Sánchez.
Arquivada a causa contra o presidente da Deputación da Coruña por presunta prevaricación na concesión de axudas a un club deportivo do Concello das Pontes, onde é alcalde.
A autovía Santiago-Lugo adíase agora ata 2021. Así o recollen os prazos de execución do treito Palas-Arzúa, que hoxe detalla La Voz. Este vial comezou a ser proxectado en tempos de Felipe González.
As chuvias están a xerar numerosos problemas en diversos puntos do país, con asolagamentos en vilas como Sada e Carballo ou na contorna da Coruña. Na imaxe, unha rúa sadense (vía @APartenos).