As chuvias están a xerar numerosos problemas en diversos puntos do país, con asolagamentos en vilas como Sada e Carballo ou na contorna da Coruña. Na imaxe, unha rúa sadense (vía @APartenos).
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/56fb89e1962c1-cex4s_owqaaxfrm.jpg)
As chuvias están a xerar numerosos problemas en diversos puntos do país, con asolagamentos en vilas como Sada e Carballo ou na contorna da Coruña. Na imaxe, unha rúa sadense (vía @APartenos).
O Congreso aproba que se vete o fracking en España cos votos de PSOE, Podemos, ERC, PNV, IU e DiL. O PP votou en contra e Ciudadanos abstívose.
O Banco Pastor moveu 1.200 millóns da trama Gürtel dende A Coruña, segundo revela un informe da Axencia Tributaria. A entidade, segundo este informe, tería incumprido "gravemente" a normativa que tenta prever o branqueamento de capitais.
A Comisión de Industria do Congreso esíxelle ao Goberno, a proposta de En Marea, un marco enerxético estable para empresas como Alcoa
Un informe dun profesor da Universidade de Santiago ve "xustificada" a fusión de Cerdedo e Cotobade por razóns de orde "xeográfica" e "demográfica"
Sánchez e Rivera abren o seu acordo a Iglesias pero Ciudadanos pecha a porta a un Goberno con Podemos. Podemos rebaixa o ton pero manterá as súas liñas vermellas para apoiar o PSOE. Sánchez e Iglesias reuniranse a partir das 10.30 no Congreso
A xuíza da operación Zeta envía á Audiencia Nacional parte da investigación. Decide incoar unha peza separada sobre Caype.
O PP rexeita habilitar unidades para realizar abortos euxenésicos na sanidade pública galega. Rexeitou unha moción defendida por AGE na que se reclamaban “dúas unidades de referencia para os abortos do segundo trimestre en Galiza” logo da polémica xurdida polas denuncias de varias mulleres.
Alcaldes, alcaldesas e edís do BNG reclaman un novo financiamento para os concellos galegos: "Málaga suma tanto como todas as cidades galegas", din.
Democracia Ourensana di aspirar a "dous ou tres" escanos nas eleccións galegas. Afirmárono na presentación do seu candidato, Miguel Caride, o avogado que representa á formación no proceso xudicial contra José Manuel Baltar, na que DO actúa como acusación popular.