Os cidadáns sen tarxeta sanitaria terán que pagar ata 157 euros mensuais para acceder aos servizos básicos. Os menores de 65 anos pagarán 60 euros por acceder á carteira básica. As comunidades autónomas poderán incrementar as contías si engaden servicios complementarios.
Fálase
Un total de 69 pacientes permanecen ingresados nos hospitais galegos (22 críticos) tras o accidente de tren. 36 están no Hospitalario Universitario de Santiago,18 no Policlínico La Rosaleda; 8 na Coruña, ; 3 en Pontevedra; 2 en Ourense; e 2 no Hospital Domínguez, segundo a Consellería de Sanidade.
O Concello de Santiago acorda conceder a Medalla de Ouro da cidade aos veciños de Angrois. A xunta de voceiros aprobouno este luns pola "actitude exemplar no tráxico accidente ferroviario do pasado 24 de xullo".
Unha familia emigrante demanda polas preferentes a Novagalicia por 1,5 millóns de euros, a cantidade máis alta en Galicia.
Adif recoñece que o accidente do tren teríase evitado cun sistema Ertms como o dos trens de alta velocidade. "Se ese tramo tivese Ertmse a máquina tería o sistema a bordo e ese exceso de velocidade teríao freado automaticamente", recoñeceu Gonzalo Ferre nunha entrevista a 13TV.
Pescanova dedicou cartos a financiar o PPdeG nas eleccións de 2001. Luis Bárcenas asegura que a empresa, xunto con Necso, San José, Fdez. T, Copasa, OHL e FCC, achegaron case 400.000 euros para a campaña de Fraga.
O INE sinala que toda a creación de emprego se debe ao efecto verán. Sen contar coa tempada alta do turismo e coas campañas agrícolas en marcha no segundo trimestre tamén se destruíron postos de traballo
O presidente do Tribunal Constitucional, Francisco Pérez de los Cobos, non só ocultou a súa militancia no PP, tamén escondeu varios traballos de asesoramento aos populares
O maquinista do tren accidentado está xa nos xulgados de Santiago para pasar a disposición xudicial e declarar sobre o acontecido no sinistro.
A principal hipótese do accidente que recolle o atestado policial é o erro humano provocado por un despiste do maquinista, segundo conta a Cadena Ser. O condutor do tren declarará este domingo ante o xuíz.