Adif recoñece que o accidente do tren teríase evitado cun sistema Ertms como o dos trens de alta velocidade. "Se ese tramo tivese Ertmse a máquina tería o sistema a bordo e ese exceso de velocidade teríao freado automaticamente", recoñeceu Gonzalo Ferre nunha entrevista a 13TV.
Fálase
Pescanova dedicou cartos a financiar o PPdeG nas eleccións de 2001. Luis Bárcenas asegura que a empresa, xunto con Necso, San José, Fdez. T, Copasa, OHL e FCC, achegaron case 400.000 euros para a campaña de Fraga.
O INE sinala que toda a creación de emprego se debe ao efecto verán. Sen contar coa tempada alta do turismo e coas campañas agrícolas en marcha no segundo trimestre tamén se destruíron postos de traballo
O presidente do Tribunal Constitucional, Francisco Pérez de los Cobos, non só ocultou a súa militancia no PP, tamén escondeu varios traballos de asesoramento aos populares
O maquinista do tren accidentado está xa nos xulgados de Santiago para pasar a disposición xudicial e declarar sobre o acontecido no sinistro.
A principal hipótese do accidente que recolle o atestado policial é o erro humano provocado por un despiste do maquinista, segundo conta a Cadena Ser. O condutor do tren declarará este domingo ante o xuíz.
As vítimas mortais polo accidente do tren elévanse a 79 tras falecer un dos feridos ingresados no Hospital Clínico de Santiago, segundo vén de informar a Consellería de Sanidade. Hai 70 pacientes ingresados nos hospitais galegos, dos que 22 están en unidades de críticos.
Rosa Díez di que hai "millóns" de españois que son de UPyD e non o saben. Asegura que a "parella de baile" importa pouco en política.
O maquinista do tren accidentado declarará este domingo. Está acusado de presento delito de homicidio por imprudencia.
Os servizos de auxilio tiveron claros erros de coordinación, segundo informa El País. O parte de Emerxencias revela que houbo atraso na declaración de alerta 2.