O 15% dos deputados perderon os seus iPads e o Congreso tivo que mercarlles uns novos. Con todo, xa se anunciou que isto non se repetirá no futuro e non se renovarán os aparellos extraviados ou rotos.
Fálase
A produción industrial cae en setembro un 11,7% no Estado e acumula unha baixada interanual do -2,5%. Galicia é a única comunidade autónoma con crecemento respecto do mesmo periodo do ano pasado (+2,2%)
Faltan ainda algunhas cousas por saberse nas eleccións norteamericanas. Por exemplo o referendo que se votou en California para abolir a pena de morte. O resultado considérase clave pola influencia que poderia ter para acabar coas execucións noutros estados.
Microsoft acabar co popular programa de chat Messenger para migrar os seus usuarios para o Skype, o servizo de chamadas por Internet que mercou o ano passado.
Bruxelas decide hoxe se España debe facer máis recortes. A Comisión Europea ditaminará se os axustes do Goberno de Rajoy e das comunidades autónomas son suficientes.
Ao redor das cinco da mañá Obama agradeceu a súa vitoria a través de twitter e tamén na súa páxina web. Romney tardou ainda dúas horas máis en recoñecer a derrota. Finalmente Obama obtivo unha vitoria cómoda en votos electorais cun resultado moi axustado no voto popular. E o que é moi importante: os republicanos seguirán controlando a cámara de representantes e os demócratas o Senado.
Obama gaña as eleccións. A pesar de que ainda falta por completar o reconto en Florida e Ohio, as súas vitorias en Iowa e Wisconsin garántenlle a vitoria.
Esta madrugada coñeceremos o nome do presidente dos Estados Unidos para os vindeiros catro anos. Contra as cinco da mañá saberase o resultado case definitivo pero xa a partir da unha comezarán a definirse algúns estados clave como Virxinia. O experto Nate Silver, unha referencia nos Estados Unidos, outórgalle a Obama un 91% de opcións de vitoria e prevé un triunfo do demócrata por dous puntos no voto popular (50.8%-48.3%) e de case cen votos electorais (313-225).
Confírmase o peche da planta de Garoña. O Consello de Seguridade Nuclear recibiu a documentación asociada á declaración de cese definitivo de explotación da planta burgalesa.
O Tribunal Constitucional avala por ampla maioria (oito votos contra tres) o matrimonio entre persoas do mesmo sexo. O TC bota abaixo deste xeito o recurso presentado polo Partido Popular en 2005.