Esta madrugada coñeceremos o nome do presidente dos Estados Unidos para os vindeiros catro anos. Contra as cinco da mañá saberase o resultado case definitivo pero xa a partir da unha comezarán a definirse algúns estados clave como Virxinia. O experto Nate Silver, unha referencia nos Estados Unidos, outórgalle a Obama un 91% de opcións de vitoria e prevé un triunfo do demócrata por dous puntos no voto popular (50.8%-48.3%) e de case cen votos electorais (313-225).
