Ana Miranda defende na Comisión de Pesca do Parlamento Europeo un novo acordo con Mauritania que inclúa os cefalopodeiros. A eurodeputada do BNG cualifica de "vergoña" que a frota galega non reciba ningún beneficio dun acordo que lle custa á UE 67 millóns de euros.
