Esta mañá presentouse a vixésimo sexta edición de Cineuropa, o certame de cinema de Compostela, que desta volta se estenderá dende o 8 ao 30 de novembro. Podedes consultar aquí a programación completa.

Esta mañá presentouse a vixésimo sexta edición de Cineuropa, o certame de cinema de Compostela, que desta volta se estenderá dende o 8 ao 30 de novembro. Podedes consultar aquí a programación completa.
O xuíz establece fianzas de ata sete millóns de euros para ex directivos de Novacaixagalicia. Se non as depositan a Audiencia Nacional procederá a embargar parte das súas propiedades. En El País.
O Senado xustifica o gasto de máis de 400.000 euros na súa nova web: "é investir en democracia". En El Diario.
Novagalicia Banco terá recibido axudas por máis de 10.000 millóns a finais de 2014. Supón case un 12% dos máis de 90.000 millóns outorgados á banca española, segundo conta Europa Press.
O BBVA prevé que a economía española caerá un 1,4% en 2013, case o triplo do que calcula o Goberno. Calcula unha taxa de paro de máis do 26% para o ano que vén.
Unhas 200 persoas concéntranse contra o peche da edición galega de El País en Santiago. Entre os asistentes, Suso de Toro, Julián Hernández, Tony Lomba ou Uxía Senlle, que apoian os traballadores nunha xornada de folga no diario. Imaxe de @ignaciotouza.
Rajoy rexeita o euro por receita e agarda chegar a un acordo con Catalunya e Madrid antes de recorrer ao Constitucional. O presidente do Goberno cre que a medida supón "pagar dúas veces".
A aldea de Dixville, en New Hampshire, rexistra por primeira vez un empate entre os dous principais candidatos á presidencia dos Estados Unidos. É habitual que quen vence nesta poboación sexa quen venza os comicios. En La Información.
O PP endurece a súa estratexia contra CiU e pasa a considerar a Artur Mas un "totalitario" e "un perigo para a democracia" polas súas teses soberanistas. En El País.
As familias e empresas en quebra soben un 16,5% no terceiro trimestre. Tres de cada dez empresas en concurso estaban vinculadas ao 'ladrillo'.