O PP endurece a súa estratexia contra CiU e pasa a considerar a Artur Mas un "totalitario" e "un perigo para a democracia" polas súas teses soberanistas. En El País.

O PP endurece a súa estratexia contra CiU e pasa a considerar a Artur Mas un "totalitario" e "un perigo para a democracia" polas súas teses soberanistas. En El País.
As familias e empresas en quebra soben un 16,5% no terceiro trimestre. Tres de cada dez empresas en concurso estaban vinculadas ao 'ladrillo'.
Grecia esperta paralizada pola folga xeral de 48 horas contra a austeridade. Agárdase un paro masivo da actividade contra as medidas de axuste que prever aproba mañá o Goberno de Samaras no Parlamento.
Rajoy di que lle "gustaría" baixar o IRPF en 2014 e prevé que o emprego caia menos do previsto este ano. O presidente do Goberno non descartou outra suba de impostos. "Espero que non sexa necesario", asegurou nunha entrevista na Cope.
The New York Times explica nunha infografia as claves da xornada electoral deste martes nos Estados Unidos. Ainda que Romney gañe no voto popular ou se impoña nalgúns estados con resultado incerto, coma Florida ou Carolina do Norte, a Obama abóndalle con superalo en Ohio para practicamente asegurar a súa vitoria.
A Comisión Europea prevé que o PIB español caia en 2013 un 1.5%, o triple do que espera o Goberno segundo un informe que se fará público mañá pero que foi filtrado por El Pais. Atrasa a saida da crise até 2014 e eleva a previsión de déficit deste ano até o 8%
A venda legal de marihuana en Uruguai limitarase a 40 gramos ao mes a un prezo de 27 euros. Cada usuario terá unha tarxeta que controle o seu consumo e o produto pasará estritos controis de calidade.
Joaquin Sabina cédelle a Ciutadans a letra que propuxera para o himno de España. O partido utilizaa no seu video electoral Mejor unidos no que a recitan Albert Boadella, Arcadi Espada, Félix Ovejero ou Javier Nart.
Xurxo Rodríguez, alcalde do BNG de Castrelo de Miño, presentou a súa dimisión como membro da Executiva do Bloque. Abandona este cargo en protesta pola forma en que a fronte esta realizando a súa transición cara á Asemblea do vindeiro ano. Rodríguez pedia que dimitise non só Guillerme Vázquez, senón toda a dirección, para crear unha xestora.
Almunia anuncia a inminente aprobación do novo tax lease. A decisión adoptarase ao redor do 25 de novembro e as autoridades comunitarias considérano agora compatible coas regras da competencia. O propio Almunia cualificouno de "moi boa nova" para os estaleiros pois "elimina a incerteza que actualmente atravesan esas empresas"