Ruiz-Gallardón alega que seguir cun embarazo non desexado non afecta á saúde da muller, tampouco a nivel psicolóxico, para defender a contrarreforma da Lei do Aborto. En Terra Noticias.

Ruiz-Gallardón alega que seguir cun embarazo non desexado non afecta á saúde da muller, tampouco a nivel psicolóxico, para defender a contrarreforma da Lei do Aborto. En Terra Noticias.
Ana Miranda defende na Comisión de Pesca do Parlamento Europeo un novo acordo con Mauritania que inclúa os cefalopodeiros. A eurodeputada do BNG cualifica de "vergoña" que a frota galega non reciba ningún beneficio dun acordo que lle custa á UE 67 millóns de euros.
Compromiso por Galicia manifesta o seu apoio ao calendario de mobilizacións dos gandeiros galegos debido á “estremadamente grave e inxusta situación” na que se atopan na actualidade e que levan sufrindo durante os últimos anos, “ante a total a e absoluta ineficiencia dos gobernos da Xunta e do Estado cun sector estratéxico da economía galega”.
O PP rexeita recortar o orzamento da Casa Real porque "foi o máis castigado en dez anos". En El Diario.
A CIG rexeita os servizos mínimos propostos pola Xunta para o 14N. Anuncia que interporá recurso en caso de que non se modifiquen.
Esta mañá presentouse a vixésimo sexta edición de Cineuropa, o certame de cinema de Compostela, que desta volta se estenderá dende o 8 ao 30 de novembro. Podedes consultar aquí a programación completa.
O xuíz establece fianzas de ata sete millóns de euros para ex directivos de Novacaixagalicia. Se non as depositan a Audiencia Nacional procederá a embargar parte das súas propiedades. En El País.
O Senado xustifica o gasto de máis de 400.000 euros na súa nova web: "é investir en democracia". En El Diario.
Novagalicia Banco terá recibido axudas por máis de 10.000 millóns a finais de 2014. Supón case un 12% dos máis de 90.000 millóns outorgados á banca española, segundo conta Europa Press.
O BBVA prevé que a economía española caerá un 1,4% en 2013, case o triplo do que calcula o Goberno. Calcula unha taxa de paro de máis do 26% para o ano que vén.