As autoescolas piden a transferencia das competencias de tráfico á Xunta en pleno conflito pola folga de examinadores. Recólleo La Opinión. O Parlamento galego pediu estas competencias e o Congreso negounas nunha votación do ano 2010 que supuxo a fin do desenvolvemento da Policía galega.
Fálase
O furacán Irma arrasa varias illas caribeñas con refachos superiores aos 300 quilómetros por hora. 4gotas explica neste post de Facebook a súa evolución.
O tribunal do caso Gürtel rexeita o careo entre Rajoy e Bárcenas que reclamaba a acusación popular a respecto da 'caixa B' do PP, cuxa existencia certificou a investigación da trama.
O alcalde de Becerreá, novo presidente da Sociedade Urbanística da Deputación de Lugo cos votos de PSdeG e PP e a abstención do BNG. Recólleo El Progreso
Os Multicines Norte de Vigo fanse coa xestión de Multicines Compostela. O seu modelo compaxina estreas con cine de autor e independente. Tras varios anos pechados, Multicines Compostela reabriran hai un ano cun modelo de negocio similar.
A Fiscalía non probou ningunha denuncia falsa por violencia machista en todo 2016. Mantense así a tónica de exercicios anteriores e no cómputo global dos últimos oito anos non chegan nin ao 0,2% de todas as denuncias.
A planta láctea que Feijóo anunciou en campaña e que a empresa reduciu a unha quinta parte obtén licenza de obra. Hai un ano a Xunta publicitouna cunha capacidade para 400.000 toneladas de leite ao ano pero os promotores só solicitaron permiso ambiental para 70.000. O Concello de Curtis outórgalle agora o permiso municipal e di que prevé aumentar a produción de xeito progresivo.
Os xulgados galegos exclusivos de cláusulas chan recibiron máis de 2.500 demandas desde o 1 de xuño. O xulgado de Lugo ditou a única sentenza desde a posta en funcionamento do plan de urxencia, segundo informa o TSXG.
O PP de Melilla anuncia a expulsión dun militante tras ser detido como presunto membro dunha célula xihadista. Recólleo eldiario.es
Junts pel Sí e CUP rexistran no Parlament catalán a petición de inicio do trámite da lei do referendo de autodeterminación