O alcalde de Becerreá, novo presidente da Sociedade Urbanística da Deputación de Lugo cos votos de PSdeG e PP e a abstención do BNG. Recólleo El Progreso
Fálase
Os Multicines Norte de Vigo fanse coa xestión de Multicines Compostela. O seu modelo compaxina estreas con cine de autor e independente. Tras varios anos pechados, Multicines Compostela reabriran hai un ano cun modelo de negocio similar.
A Fiscalía non probou ningunha denuncia falsa por violencia machista en todo 2016. Mantense así a tónica de exercicios anteriores e no cómputo global dos últimos oito anos non chegan nin ao 0,2% de todas as denuncias.
A planta láctea que Feijóo anunciou en campaña e que a empresa reduciu a unha quinta parte obtén licenza de obra. Hai un ano a Xunta publicitouna cunha capacidade para 400.000 toneladas de leite ao ano pero os promotores só solicitaron permiso ambiental para 70.000. O Concello de Curtis outórgalle agora o permiso municipal e di que prevé aumentar a produción de xeito progresivo.
Os xulgados galegos exclusivos de cláusulas chan recibiron máis de 2.500 demandas desde o 1 de xuño. O xulgado de Lugo ditou a única sentenza desde a posta en funcionamento do plan de urxencia, segundo informa o TSXG.
O PP de Melilla anuncia a expulsión dun militante tras ser detido como presunto membro dunha célula xihadista. Recólleo eldiario.es
Junts pel Sí e CUP rexistran no Parlament catalán a petición de inicio do trámite da lei do referendo de autodeterminación
Facenda investiga a actividade duns 4.000 letrados e procuradores en Galicia e os profesionais ven excesiva esa actividade fiscalizadora. Cóntao Faro de Vigo
O bloque soberanista do Parlament catalán disponse a aprobar as leis do referendo e a de transitoriedade xurídica mentres o Fiscal Xeral do Estado e o presidente do Poder Xudicial advirten de que se porán á fronte da defensa da "unidade de España".
O Tribunal de Contas esixe máis de 5 millóns a dez ex-altos cargos, incluídos funcionarios, polo 9-N en Catalunya. Cita a Mas e outros ex-membros do Governo para pagar a fianza. Puigdemont acusa o Estado de intentar meter "medo" antes do referendo de outubro e de "dar un salto cualitativo".