O Tribunal de Contas esixe máis de 5 millóns a dez ex-altos cargos, incluídos funcionarios, polo 9-N en Catalunya. Cita a Mas e outros ex-membros do Governo para pagar a fianza. Puigdemont acusa o Estado de intentar meter "medo" antes do referendo de outubro e de "dar un salto cualitativo".
Fálase
O PSdeG ratifica as precandidaturas de Villoslada, Leiceaga e Caballero para as primarias logo de pecharse o prazo para a inscrición no proceso este martes ás 12.
O documental Sitio Distinto, que relata a pegada cultural da emigración galega en Euskadi, estrearase o vindeiro 17 de setembro en Bilbao. O coruñés Davide Cabaleiro é o seu director.
Greenpeace bloquea o almacén de carbón no porto da Coruña. Dous activistas permanecen colgados diante da vía dun dos puntos de descarga da Medusa e reclaman apostar por enerxías limpas.
Rajoy cualifica de "estafa á democracia" o referendo catalán do 1-O e Puigdemont considera "un golpe de Estado" a posibilidade de que o Goberno de España retire as urnas
Retirado un niño de avespas velutinas dunha facultade do campus de Lugo apenas vinte e catro horas despois da aparición doutro no céntrico Parque Rosalía de Castro. Recólleo El Progreso
O ministro de Exteriores defende as vacacións coa súa familia nunha embaixada de España por ser "práctica habitual". Recólleo eldiario.es
A novela A memoria dos meus pasos comeza a súa viaxe cara ao papel. Tras a súa publicación en Praza.gal durante todo o mes de agosto xa está en marcha a campaña de micromecenado para a edición do libro de Carlos Meixide. Velaquí toda a información
A Xunta abre expediente sancionador á empresa que xestiona o vertedoiro de Nostián na Coruña. Atribúelle unha falta "grave" por non ter selado dousu vasos na planta de tratamento de residuos urbanos.
Feijóo sentencia que Cataluña sería "un país inviable" pola súa débeda e "porque non cabe en Europa, non ten moeda nin aliados". Afirmouno nunha entrevista en Antena 3 Televisión.