O ministro de Exteriores defende as vacacións coa súa familia nunha embaixada de España por ser "práctica habitual". Recólleo eldiario.es
Fálase
A novela A memoria dos meus pasos comeza a súa viaxe cara ao papel. Tras a súa publicación en Praza.gal durante todo o mes de agosto xa está en marcha a campaña de micromecenado para a edición do libro de Carlos Meixide. Velaquí toda a información
A Xunta abre expediente sancionador á empresa que xestiona o vertedoiro de Nostián na Coruña. Atribúelle unha falta "grave" por non ter selado dousu vasos na planta de tratamento de residuos urbanos.
Feijóo sentencia que Cataluña sería "un país inviable" pola súa débeda e "porque non cabe en Europa, non ten moeda nin aliados". Afirmouno nunha entrevista en Antena 3 Televisión.
As inscricións nas oficinas de emprego baixaron en 746 en agosto en Galicia ata as 181.125. Son 11.920 menos que hai un ano. A afiliación á seguridade social incrementouse en 2.293 persoas, unha suba interanual de 19.786. Nese mesmo mes asináronse en Galicia 95.720 contratos, 8.211 máis que en agosto do pasado ano. Máis información, hoxe en Praza.gal.
Trump di estar disposto a rachar vínculos comerciais con quen faga negocios con Corea do Norte, o que implicaría directamente á China.
Medio Rural dá por extinguido o incendio que atinxiu a parroquia boirense de Lampón dende o venres e que queimou unhas 33 hectáreas.
Ata o mes de agosto queimáronse en Galicia 600 hectáreas menos que no mesmo período do ano pasado. No entanto, houbo 700 conatos máis de incendios.
ERC advirte a Rajoy de que "mobilizarán cidadáns" de retirarse as urnas o 1-O. Esquerra fai un chamamento a protexer o dereito a decidir.
O programa galego de detección precoz do cancro de mama logrou reducir un 20% a mortalidade en 25 anos.